Curso Gratuito de Condución Segura

A escudería Máis Motor xunto coa autoescola San Martín, coa colaboración do Concello de Carballo e a Escuela de Autocross ofrecen aos veciños e veciñas maiores de 18 anos a posibilidade de participar nun curso gratuíto de condución segura. Os participantes poderán beneficiarse dunha aprendizaxe inicial que supón o primeiro nivel nos cursos de condución e recibirán unha serie de […]

Recoñecemento os campións de autocross no Concello de Carballo

O autocross carballés recibiu hoxe o recoñecemento do Concello de Carballo. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, recibiron na alcaldía ao campión galego de carcross, Maikel Vilariño; e os subcampións de carcross, Dani Mariño; -1.600, Dany Castro (os dous da escudaría Máis Motor), e +1.600, Miguel Cotelo. Todos asinaron no Libro de Honra do Concello, […]

O autocross galego ten ADN carballés

Se Galicia é unha referencia no autocross español, Carballo é unha auténtica potencia. Non hai máis que botarlle unha ollada aos podios de calquera das nove carreiras disputadas este ano para atopar apelidos tan carballeses coma Cotelo, Mariño ou Vilariño. A federación fará pública nos vindeiros días a clasificación xeral do Campionato Galego do Autocross, e xa anticipamos que estará […]