A paixón polos deportes de motor é a gasolina que engraxa a maquinaria da escudaría Máis Motor. A nosa carreira particular arrincou a finais do ano 2013, cando decidimos aproveitar a experiencia e o traballo de moitos anos para volver a organizar competicións e compartir o noso entusiasmo con todos os afeccionados de Carballo e comarca. Esa é a nosa meta.
Na declaración de intencións de Máis Motor figura a promoción de todos os deportes de motor , a celebración de competicións de autocross (no 2014 disputaranse en Carballo dúas probas do Campionato Galego), a organización de cursos de condución, charlas e todo tipo de actividades. Ademais, a nivel autonómico estamos xa a poñer en práctica a nosa política de colaboración con outras escudarías.
Detrás deste novo e ilusionante proxecto atopámonos un grupo de persoas vinculadas dende hai anos co mundo do motor. Convidámoste a compartir a nosa paixón: Máis Motor!
PRESIDENTE |
Juan José Puga Facal |
VICEPRESIDENTE |
Iván René Barreiro Cotelo |
SECRETARIA |
Montse García Rodríguez |
TESOREIRA |
Carmen Iglesias Villar |
VOCAL 1 |
Daniel Vázquez Reino |
VOCAL 2 |
Juan Nogareda Rostro |
VOCAL 3 |
Diego Iglesias Martínez |
VOCAL 4 |
Genaro Ferreiro Vila |
VOCAL 5 |
David Lema Bastón |
VOCAL 6 |
José Manuel Pose Martínez |
VOCAL 7 |
Roberto Pombo Fernández |
VOCAL 8 |
Marcos Mata Soutullo |