2web

O circuito municipal de Carballo volve a acoller aos mellores pilotos de Galicia coa celebración do V Autocross Carballo. Os motores volverán a soar o sábado 28 de maio cunha proba puntuable para o Campionato Galego, a cuarta do almanaque dun total de nove probas. Máis de medio centenar de pilotos están xa inscritos, unha cifra que, subliña Juan Puga o presidente de Máis Motor, iguala e mesmo supera o número de pilotos das carreiras con máis afluencia das disputadas este ano. Puga tamén falou do estado do circuíto, en perfectas condicións despois dunha posta a punto realizada nos últimos días.

Ademais, como en anos anteriores, o circuíto galego volverá a Carballo en setembro para unha segunda proba, xa máis decisiva de cara ao título.

V-Autocross-Carballo-peke

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou o orgullo do Concello por poder contar con entidades como Máis Motor -a quen lles transmitiu os seus parabéns- que contribúan a manter vivo este deporte, e subliñou que o deber da administración «ten que ser o de favorecer a práctica deportiva e axudar ao tecido asociativo».

As finais a partir das 17.30 horas

As categorías da proba son coches de +1.600 cc, -1.600 cc, 4×4 e KartCross coas verificacións administrativas e técnicas a partir das 10.00 horas e os primeiros adestramentos libres, cando os coches saltan xá á pista, a partir das 12.00 horas. Despois da pausa para comer, as semifinais son ás 15.30 horas e as mangas finais a partir das 17.30 horas, sendo a última en disputarse a de 4×4. A entrega de trofeos está prevista a partir das 19.30 horas.

A cita ésta organizada pola Escudaría Máis motor xunto coa Federación Galega de Automobilismo, o Concello de Carballo, a Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña coa axuda de Protección Civil de Carballo.

Non perdades a oportunidade de ver a pé de pista aos mellores pilotos galegos nun dos mellores cicuítos do campionato!