A escudería Máis Motor xunto coa autoescola San Martín, coa colaboración do Concello de Carballo e a Escuela de Autocross ofrecen aos veciños e veciñas maiores de 18 anos a posibilidade de participar nun curso gratuíto de condución segura. Os participantes poderán beneficiarse dunha aprendizaxe inicial que supón o primeiro nivel nos cursos de condución e recibirán unha serie de claves que poden contribuír á prevención de accidentes de tráfico.
O curso de condución segura celebrarase o vindeiro sábado 14 de marzo no aparcamento do centro comercial Gadis Híper, que tamén colabora na iniciativa.
Hai 30 prazas dispoñibles, que se cubrirán por orde de inscrición. As persoas interesadas atoparán o formulario de solicitude de praza na páxina web www.maismotor.es. Os 30 participantes dividiranse en dous grupos de 15 persoas, aínda que durante a formación teórica, de 13.30 a 14.30 horas, estarán todos xuntos. Para a parte práctica do curso haberá unha quenda de 09.00 a 13.30 horas e outra de 13.30 a 19.00 horas.