O autocross carballés recibiu hoxe o recoñecemento do Concello de Carballo. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, recibiron na alcaldía ao campión galego de carcross, Maikel Vilariño; e os subcampións de carcross, Dani Mariño; -1.600, Dany Castro (os dous da escudaría Máis Motor), e +1.600, Miguel Cotelo. Todos asinaron no Libro de Honra do Concello, nun acto que contou cunha ampla representación da nosa escudaría. Os nosos parabéns aos catro.

reconecemento_concello_carballo_o_autocross