
Resistencia Autocross 4H Carballo Arteixo
Para pechar a tempada de Autocross 2018 vaise celebrar conxuntamente entre as Escuderías Máis Motor, Peña Autocross Arteixo e Escudería La Coruña unha proba de Resistencia de 4H, que se celebrará o xoves 6 de Decembro no Circuito Municipal De Carballo. Toda a documentación estará dispoñible esta fin de semana.

Adestramentos libres 17 Febreiro
O próximo sábado 17 de febreiro, organizarase unha xornada de adestramentos no Circuito Municipal de Carballo. O horario será de 9:00 a 15:00 Folla de inscripcion (Word) Folla de inscripcion (PDF)

Tres podios para Máis Motor no V Autocross Carballo
Dany Castro e Mario Ríos gañaron nas categorías de -1600 e + 1600, e Juan Vilariño foi terceiro en car cross O V Autocross Carballo converteuse nunha loita contra os elementos. As chuvieiras intermitentes transformaron a pista nunha lameira que complicou a condución pero que tamén garantiu a emoción e o espectáculo. Nesa batalla de contra a auga e a […]

Máis de medio centenar dos mellores pilotos do Campionato galego compiten no V Autocross Carballo
O circuito municipal de Carballo volve a acoller aos mellores pilotos de Galicia coa celebración do V Autocross Carballo. Os motores volverán a soar o sábado 28 de maio cunha proba puntuable para o Campionato Galego, a cuarta do almanaque dun total de nove probas. Máis de medio centenar de pilotos están xa inscritos, unha cifra que, subliña Juan Puga […]