present-ecuderia

Despois de varios meses de traballo asistimos con orgullo ao nacemento dunha nova entidade. Somos un grupo de persoas apaixonadas polos deportes do motor, que decidimos unir esforzos coa intención de organizar competicións e de compartir eses entusiasmo que nos une e que nos move con outros afeccionados. Deste xeito asistimos ao nacemento de Máis Motor.

A nova escudería, con sede en Carballo, márcase coma meta a promoción de todos os deportes do motor, a celebración de competicións e a organización de todo tipo de actividades que nos axuden a acadar eses obxectivos. E neste longo camiño que agora comezamos gustaríanos contar coa súa presenza no acto oficial de presentación de Máis Motor, que terá lugar o Venres 9 de Maio na Casa do Concello de Carballo as 20:00h

Unha xornada destas características non estaría completa sen a participación de todas as institucións, entidades, empresas, colaboradores e afeccionados que están a facer posible que o noso soño se converta en realidade.