Un total de 18 afeccionados participaron durante a fin de semana no curso de iniciación á condución de carcross organizado por Escola de Autocross coa colaboración da Escudaría Máis Motor. Nesta ocasión, o circuíto do motor de Carballo abriu as súas portas para recibilos non coma meros espectadores, senón como auténticos pilotos.
A ampla asistencia dá unha mostra da gran demanda de cursos de pilotaxe que existía na zona, e que Autocross Escola de Condución trata de paliar con este tipo de iniciativas. Nesta ocasión, os participantes foron formados na parte teórica pola Autoescola San Martín, e na práctica, polos pilotos Juan e Maikel Vilariño, a solvencia dos cales está máis que demostrada.
A experiencia resultou todo un éxito, tanto para os 18 participantes como para o tándem organizador, que agarda repetila pronto.