O piloto de Vimianzo facíase coa victoria no Rally Concello de Curtis puntuable para o Campionato de España de Rallys de Terra na sua volta o Nacional tras cinco anos de ausencia.
E faciao ó grande, rodando desde o primeiro tramo o nivel dos habituais do certamen como Xevi Pons e Nani Roma. Sen embargo, no tercer tramo, quedabase só pola retirada de ambos, dedicándose a ampliar a súa vantaxa e a xestionar os seus tempos con tranquilidade digna a súa mención. O Volkswagen Polo Proto demostraba ser un coche tremendamente competitivo e fiable pese as dificultades das especiais, chegando a meta e desatando un aluvión de felicitacións nas carpas do equipo AR Vidal.
Segundo finalizaba un expléndido Nil Solans, que iba de menos a máis no seu debut co Skoda Fabia S2000. O catalán, que compite na actualidade na DMACK Drive Trophy, demostraba unas grandes dotes que afianzaban a súa consideración como piloto punteiro a nivel nacional. Completaba o podio Juan Pablo Castro (Subaru Impreza) tras habe pelexado durante gran parte da proba con Álex Villanueva co Mitsubishi Evo X Grupo N e Alberto Monarri.
Na beca RMC a victoria recaía no piloto de Melide Alberto Otero.
Na categoría de dúas rodas motrices o piloto Galego Victor Senra conseguía a súa primeira victoria nesta temporada, para a Mitsubishi Evo Cup seria Alex Villanueva o que alcanzaría o primeiro posto.