Máis de mil afeccionados, 73 pilotos e un ambiente excelente durante toda a xornada converteron en todo un éxito a primeira carreira de Autocross organizada pola Escudaría Máis Motor, que volveu a colocar o circuíto de Carballo no calendario do Campionato Galego.
As expectativas da organización víronse superadas, o que supón un importante pulo de cara ás vindeiras probas do galego e do nacional. Ata o tempo se aliou para que o debut de Máis Motor saíse a pedir de boca, xa que, aínda que a mañá ameazaba chuvia, o que obrigou a desenvolver un importante labor de mantemento das instalacións, a medida que avanzaba o día e se achegaba o momento decisivo foron abríndose grandes claros e mesmo luciu o sol. En boxes a xornada viviuse como unha gran festa de confraternidade entre pilotos, escudarías e afeccionados.
O circuíto de Bértoa recibiu tamén a visita do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que asistiu coma un espectador máis ás finais e que participou despois na entrega de trofeos aos gañadores. Dende o punto de vista deportivo, a exclusión de Sergio Cancela foi a única nota negativa. Os pilotos locais demostraron o seu bo nivel, polo que tamén neste apartado o balance é moi satisfactorio.
Tras unha intensa e emocionante xornada de competición, as clasificacións quedaron do seguinte xeito:
Categoría -1.600 cc
1. Alfonso Álvarez 6:43:074
2. Daniel Gorín 6:46:370
3. Daniel Castro 6:46:680
4. Manuel Osorio 6:53:044
5. Jaime Pérez 6:55:436
6. Esteban Serrano 6:57:408
7. Alberto Varela 6:58:891
8. Rubén Teijido 6:59:981
9. Aitor Pico 7:11:744
Categoría +1.600 cc
1.Miguel A. Cotelo 6:50:068
2. Daniel Señarís 6:53:446
3. Rubén Bello 6:57:796
4. Rubén Ordóñez 7:21:103
5. Eugenio Iglesias 7:21:643
Categoría Kartcross
1.Maikel Vilariño 5:49:220
2. Joaquín Chamorro 5:57:006
3. Daniel Mariño 6:03:389
4. Pablo García 6:09:045
5. Iván Piña 6:11:135
6. Óscar Añón 6:12:153
7. Borja García 6:14:944
8. Juan J. Moll 6:17:441
9. Sergio Bello 6:21:844
10. David Seoane 6:27:032
11. Iago Iglesias 6:29:633
12. Javier Paz a 7 voltas
13. Antón Muiños a 7 voltas
Categoría 4×4
1.Perfecto Calviño 6:20:475
2. Óscar Añón 6:25:796
3. Esteban Pérez 7:01:323
4. Manuel Souto 7:01:323
5. Roberto Caride 7:35:784