Bo inicio de temporada para os pilotos de Mais Motor
A primera cita do Campeonato Galego de Autocross que se celebrou na localidade de Santa Comba dou grandes alegrías para os noso pilotos.
Na categoría de -1.600cc Dani Castro gañaba a final tras unha saiada perfecta e sendo moi regular en toda a carreira.
Dani Castro, gañador na categoría -1.600cc
Na categoría de CarCross, Joaquín Chamorro foi o piloto imbatible da xornada. Kin, marcaba a pole nos adestramentos, gañaba a semifinal, e remataba primerio nunha final moi obstaculizada polos abandonos de moitos pilotos.
Joaquin Chamorro, 1º Carcross Autocross Santa Comba
En terceira posición remataba Oscar Añón e en quinta posición remataba Dani Mariño.
Oscar Añón, 3º Autocross Santa Comba
Dani Mariño, 5º Carcross Autocross Santa Comba
Juan Vilariño, non podía acabar a final, tras quedarse atrapado con varios pilotos.
Maikel Viñariño con bastantes problemas no Autocross de Santa Comba. Rotura de motor nos adestramentos, gran remontada na semifinal salindo último e rematando 2º e na final, quedaba atrapado nunha das primeiras curvas do circuito