Este fin de semana celebrabase en Viduedo (Ourense) a terceira cita do campionato galego de autocross. Os pilotos da escudería Máis Motor aproveitaban a tregua que daba a choiva, para acadar uns bos resutados na proba.

Na categoría de -1600, Dany Castro acadaba unha segunda posición e Marcos Molina remataba terceiro.

DanyCastro_VI_Viduedo
Na categoría de +1600, Mariano Suárez remataba nun gran segundo posto e terceiro Mario Rios.

MarianoSuarez_VI_Autocross_Viduedo
Na categoría de Carcross, Joaquín Chamorro sorprendíanos cunha gran victoría, e Dani Mariño remataba en quinta posición.

JoaquinChamorro_VI_AutocrossViduedo

Seguinte proba, Autocross Arteixo

Gracias polas fotos Javier Rey Botana de TodoAutocross