Tres podios para Máis Motor no V Autocross Carballo

Dany Castro e Mario Ríos gañaron nas categorías de -1600 e + 1600, e Juan Vilariño foi terceiro en car cross O V Autocross Carballo converteuse nunha loita contra os elementos. As chuvieiras intermitentes transformaron a pista nunha lameira que complicou a condución pero que tamén garantiu a emoción e o espectáculo. Nesa batalla de contra a auga e a […]

Os pilotos carballeses sairán a por todas no Circuíto Municipal, que acollerá o día 19 unha proba decisiva do Campionato Galego de Autocross

A antepenúltima carreira do Campionato Galego de Autocross será a máis carballesa da temporada, e non só por disputarse no Circuíto Municipal de Carballo, senón tamén porque son varios os pilotos locais con opcións a acadar o título. Para Maikel Vilariño, que lidera a clasificación de carcross e ten un importante colchón de puntos, a proba do vindeiro sábado 19 […]

Os pilotos locais arrasaron en Carballo

Os pilotos da bisbarra de Bergantiños non teñen rivais no Campionato Galego de Autocrós. Na carreira de Carballo volveron arrasar, e non só porque xogasen na casa. De feito, aínda que os máis de 1.300 afeccionados que se deron cita no circuíto municipal axudaron, despois de cinco probas está claro que os carballeses ocupan as primeiras prazas da xeral por méritos propios. Maikel Vilariño dominou de […]

O Autocross Carballo reunirá aos mellores pilotos galegos

Despois dos traballos de mellora do firme realizados nas últimas semanas, o circuíto de Carballo está listo para unha nova temporada do Campionato Galego de Autocross. Este sábado, día 30, a instalación municipal acollerá a primeira carreira do ano, organizada pola Escudaría Máis Motor coa colaboración do Concello de Carballo. Onte pechouse o prazo de inscrición, e un ano máis […]

Recoñecemento os campións de autocross no Concello de Carballo

O autocross carballés recibiu hoxe o recoñecemento do Concello de Carballo. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, recibiron na alcaldía ao campión galego de carcross, Maikel Vilariño; e os subcampións de carcross, Dani Mariño; -1.600, Dany Castro (os dous da escudaría Máis Motor), e +1.600, Miguel Cotelo. Todos asinaron no Libro de Honra do Concello, […]